Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, faise público que o Concello Pleno, en sesión celebrada o 18 de xullo de 1997 prestou aprobación inicial á delimitación do polígono urbanístico coincidente coa parcela comprendida entre a Praza de España, rúa Buenos Aires e Convento de Sta. Clara.

Este expediente, tramitado por instancia de Canarias Ribadeo, S.A., subrogándose con posterioridade Praderrey, S.L., sométese a información pública durante o prazo de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. Durante este prazo as persoas interesadas poderán examinalo e, se é o caso presenta-las alegacións que coide oportunas. No suposto de que non foran presentada ningunha reclamación ou alegación o expediente entenderase aprobado definitivamente.

Ribadeo, 21 de xullo de 1997.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde

6345