Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a autorización da modificación do proxecto de gasificación do noroeste: ramal Pontevedra-Ourense, promovido pola empresa Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 39 da Lei de procedemento administrativo e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución

única do procedemento, sométese a información pública o proxecto gasificación do Noroeste: ramal Pontevedra-Ourense, declarado de utilidade pública polo artigo 10 da citada Lei 10/1987.

Peticionario: Enagás, S.A., con enderezo en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Pontevedra, Ponte-Caldelas, Cotobade, A Lama, Avión, Boborás, O Carballiño, Maside, Punxín e Amoeiro, cun proxecto de execución e autorización de instalacións que se aprobou por resolución do director xeral de Industria do 16 de outubro de 1995.

Obxecto da petición: aprobación administrativa e autorización de instalacións da modificación do proxecto do ramal Pontevedra-Ourense, reflectida na addenda II ó proxecto ramal Pontevedra-Ourense.

A autorización administrativa que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 10 e 11 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de

actuacións en materia de combustibles gasosos, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: esta addenda II consiste no cambio de situación da posición I-022-3, situada no termo municipal do Carballiño, trasladándoa 846 metros cara ó leste e ampliando a súa superficie de 25x25 m a 30x40 m para unha futura estación de regulación e medida, cambiando á súa vez a liña eléctrica de subministración de enerxía en baixa tensión, da cal o inicio e conexión comeza no transformador de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. existente no termo municipal de Maside.

A lonxitude da citada liña de baixa tensión será de 987 metros e a potencia de consumo que vai transportar será de 5 kW.

Termos municipais afectados: O Carballiño e Maside, na provincia de Ourense.

Orzamento:

Termo municipal do Carballiño: 690.443 ptas.

Termo municipal de Maside: 890.382 ptas.

Orzamento total: 1.580.825 ptas.

Afección a predios particulares: a afección a predios de propiedade privada derivada da construcción das instalacións auxiliares, obxecto desta addenda concrétase da seguinte forma:

Un: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se van construí-las instalacións fixas en superficie.

Dous: para a liña eléctrica:

A) Servidume de paso de liña eléctrica aérea nunha franxa de terreno de dous (2) metros de largo ó longo dela, que implicará:

1. Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo, nin efectuar ningún acto que poida daña-lo bo funcionamento da liña nunha franxa de cinco (5) metros de largo, contando como centro da franxa a liña de postes do tendido.

2. Prohibición de plantar árbores de gran porte nunha franxa de dous (2) metros de largo.

3. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B) Ocupación temporal da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios para realiza-las obras necesarias. O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados pola dita addenda; a relación deles insírese ó final deste anuncio, para que poidan examinala nesta Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial de Ourense, r/ Curros Enríquez, 1-3º, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

RELACIÓN CONCRETA E INDIVIDUALIZADA DE BENS E DEREITOS AFECTADOS

Proxecto: ramal Pontevedra-Ourense. Addenda nº II

(Provincia de Ourense)

Abreviaturas utilizadas: PO= posición, LE= liña eléctrica.

Termo municipal: O Carballiño

AfecciónCatastro

Predio nºTitular e enderezoLng. m.l.O.T. mExp. mPolig.Parc.Natureza

OR-CI-324-POJulio Fernández Fernández. r/ Primavera, 19-4ºH, 03012

(Alacante)

36859664Monte baixo
OR-CI-324/1-LEBernardo Louzao Campos. 32431 Beade (Ourense)1484459663Monte alto
OR-CI-324/1-POBernardo Louzao Campos. 32431 Beade (Ourense)65559663Monte alto
OR-CI-324/2-LECelsa Fernández Otero. Lago, 32575 Maside (Ourense)127259662Monte alto
OR-CI-324/2-POCelsa Fernández Otero. Lago, 32570 Maside (Ourense)22559662Monte alto
OR-CI-324/3-LECarmen González González. Lago, 32575 Maside (Ourense)42459661Monte alto
OR-CI-324/3-POCarmen González González. Lago, 32570 Maside (Ourense)31059661Monte alto
OR-CI-324/4-POBenito Fernández Veiga. Lago, 32570 Maside (Ourense)305989Monte alto
OR-CI-326-POOlga Rodríguez Sotelo. Montegrande-Partovía, 32515

O Carballiño (Ourense)

6059721Monte alto
OR-CI-360-LEGumersindo e Manuel López López. Lago, 32575 Maside

(Ourense)

220132012S/NS/NMonte alto
OR-CI-361-LEDaniel Pérez González. Caldas de Partovía, 32515

O Carballiño (Ourense)

1187084S/NS/NPrado, árbores,

ribeira

OR-CI-362-LEConfederacion Hidrográfica del Norte. García Mosquera, 1,

32005 (Ourense)

318Río

Termo municipal: Maside

AfecciónCatastro

Predio nºTitular e enderezoLng. m.l.O.T. mExp. mPolig.Parc.Natureza

OR-MA-250-LEAladino Meiriño Fernández. Rabaza de Arriba-Rúa

Miradoiro-Camiño da Lebre, 22, 32004 Ourense

4325830913Prado
OR-MA-251-LEDescoñecido169643090Árbores ribeira
OR-MA-252-LEDescoñecido63630919Árbores ribeira
OR-MA-253-LEDescoñecido42430918Árbores ribeira
OR-MA-254-LEDorinda Rodríguez Rodríguez. Montegrande, 32500

O Carballiño (Ourense)

31230924Prado
OR-MA-255-LEEulogio González Iglesias. Salamonde-Gontán, 32455 San

Amaro (Ourense)

106030923Prado
OR-MA-256-LEAntonio González Collazo. Reviñas-Lago, 32575 Maside

(Ourense)

1911430921 e 922Prado
OR-MA-257-LEDelmiro Rodríguez González. Lobada, 32570 Maside

(Ourense)

3521030899Prado
OR-MA-257/1-LEAntonio Rodríguez Otero. Vicente Risco, 3-1º, 32500

O Carballiño (Ourense)

159030886 e 887Prado
OR-MA-258-LEAntonio Rodríguez Otero. Vicente Risco, 3-1º, 32500

O Carballiño (Ourense)

22132430898, 896 e

897

Prado

OR-MA-259-LEFlorindo González Valeiras. Pousada-Dacon, 32572 Maside

(Ourense)

3020030946Prado
OR-MA-260-LEConcello de Maside. Hernán Cortés, s/n, 32570 Maside

(Ourense)

424Camiño
OR-MA-261-LEAntonio Rodríguez Otero. Vicente Risco, 3-1º, 32500

O Carballiño (Ourense)

74444430963Prado
OR-MA-262-LEAntonio Rodríguez Otero. Vicente Risco, 3-1º, 32500

O Carballiño (Ourense)

116630945Prado
OR-MA-263-LEDorinda Rodríguez Rodríguez. Montegrande, 32500

O Carballiño (Ourense)

2012030962Prado
OR-MA-264-LEArsenio Presas Rodríguez. Montegrande, 32500

O Carballiño (Ourense)

64384430967Terra labor
OR-MA-265-LEAntonio Rodríguez Otero. Vicente Risco, 3-1º, 32500

O Carballiño (Ourense)

1710230973Viña
OR-MA-266-LEJosé Benito Rodríguez Otero. Montegrande, 32500

O Carballiño (Ourense)

106030974Viña
OR-MA-267-LEAntonio Rodríguez Otero. Vicente Risco, 3-1º, 32500

O Carballiño (Ourense)

116630976Viña
OR-MA-268-LEElisa González González e 4 máis. Señorín, 32500

O Carballiño (Ourense)

64384430978Carballeira
OR-MA-269-LEJosé Benito Rodríguez Otero. Montegrande, 32500

O Carballiño (Ourense)

31230978Prado
OR-MA-270-LEDiputación de Ourense1060Estrada
OR-MA-271-LEConcello de Maside. Hernán Cortés, s/n, 32570 Maside

(Ourense)

12724Ermo
OR-MA-272-LEConcello de Maside. Hernán Cortés, s/n, 32570 Maside

(Ourense)

424Camiño
OR-MA-273-LESira González Pousa e irmáns. Montegrande, 32500

O Carballiño (Ourense)

57342301472Prado
OR-MA-274-LEAntonio González Collazo e irmáns. Reviñas-Lago, 32575

Maside (Ourense)

1696301471Carballeira
OR-MA-275-LEJosé Benito Rodríguez Otero. Montegrande, 32500

O Carballiño (Ourense)

4244301468Prado
OR-MA-276-LEUnión Eléctrica-Fenosa, S.A.3123170Prado
OR-MA-277-LEConcello de Maside. Hernán Cortés, s/n, 32570 Maside

(Ourense)

624Camiño

5985