Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 51880).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Avd. Arteixo, 171, 15008 A Coruña, de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición de servidumes

de paso, sobre os bens e dereitos que se afectan pola instalación de:

-Liña de M.T., aérea a 20 kV de 865 m de lonxitude, con orixe na liña de M.T. Presa Tambre-Ponte Insua e final no C.T. que se construirá en Vilar.

-C.T. aéreo de 50 kVA en Vilar, do que parte rede de baixa tensión, no termo municipal de Brión (expediente 51880).

A declaración de utilidade pública, das referidas instalacións, que foron outorgadas con data 7-5-1991, leva implícitas en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación deste anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal O Correo Galego, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos na relación anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo, ós que se lles practicará notificación individual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto; para tal efecto estará exposto nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, en horas de oficina, o expediente cos planos de situación e perfil das instalacións.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal ás dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Infórmase os propietarios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa na mesma ou por escrito que se reciba nesta delegación os datos para identificación dos bens que se afectan; e que, de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

A Coruña, 15 de xullo de 1997.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 51880 A.T.Provincia: A Coruña.

Línea L.M.T. Vilar-Viceso.Concello: Brión.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezoNº apoiommlm

2BurneiralPradoCarmen Suárez RodríguezRodríguez de Viguri, 12-6º, 15703 Santiago de Compostela1110110

4Os PíosPradoCarmen Suárez RodríguezRodríguez de Viguri, 12-6º, 15703 Santiago de Compostela210

5Os PíosPradoCarmen Suárez RodríguezRodríguez de Viguri, 12-6º, 15703 Santiago de Compostela50500

8Os PíosPradoHros. Manuel RodríguezPousada, 15839, Brión20200

10A InsuiñaPradoCarmen Suárez RodríguezRodríguez de Viguri, 12-6º, 15703 Santiago de Compostela36360

14CanedoPradoLaura Vidal VidalPousada, 15839, Brión70700

16A RevoltaPradoCarmen Suárez RodríguezRodríguez de Viguri, 12-6º, 15703 Santiago de Compostela880

6298