Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/147-2-4629 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45-32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Cervantes.

Situación: Cervantes.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV a Cervantes cunha lonxitude de 4.942 metros. L.M.T. derivación a minicentral de Horta cunha lonxitude de 377 metros. L.M.T. derivación a C.T. de Torallo, cunha lonxitude de 256 metros. L.M.T. derivación a minicentral de Castro, cunha lonxitude de 532 metros, realizada en conductor LA-56 e LA-110, sobre apoios de formigón. Centro de tranformación 50 kVA 20.000/380-220V ±2,5%+5%. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-05, para mellora do servicio eléctrico de Cervantes.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar, declara de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións

técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 9 de xullo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5903