Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a liña eléctrica, centro de transformación e rede de baixa tensión de Facheiros, Laxe, Venda e Serra, no concello de San Cibrao das Viñas, Ourense. (Expediente IN407A 96-107-3 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial, por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na

rúa Sáenz Díez, nº 45, 32003 Ourense, quen solicita a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no aritgo 52 da citada Lei 40/1994, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 40/1994, entre os que cabe cita-lo de información pública, no que foron presentadas alegacións polos titulares dos predios números: 3, 6, 9, 10, da L.M.T. a Facheiros e número 6 da L.M.T. a C.T. de Carballo, as que se refiren a cuestións meramente económicas, que serán tratadas no momento procedemental oportuno; ou de cambio de trazado, que se rexeita ó non se daren conxuntamente as condicións establecidas no artigo 26 do sinalado Decreto 2619/1966. Ó mesmo tempo,

deberán ser retirados do expediente expropiatorio os predios números 14 e 16A, da L.M.T. ó C.T. de Carballo, propiedade respectivamente de Ramona Canal Sierra e Julio Canal Sierra, ó chegar ó mutuo acordo coa empresa eléctrica.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nesta non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de Autonomía de Galicia, e no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

-Liña eléctrica aérea, a 20 kV, en conductor LA-56, de 372 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Rairo-Celanova, e remate no C.T. intemperie de 100 kVA, r/t 20/0,380-0,220 kV, proxectado en Facheiros, do que deriva unha R.B.T. de 30 m en conductor tipo R.Z.

-Liña eléctrica aérea, a 20 kV, de 635 m, en conductor tipo LA-56, con orixe na L.M.T. Rairo-Celanova, e remate no C.T. intemperie de 50 kVA de Carballo, r/t: 20/0,380-0,220 kV, do que deriva unha R.B.T. de 50 m en conductor tipo R.Z.

Segunda.-Declara-la utilidade pública das instalacións eléctricas autorizadas, coas consecuencias establecidas no artigo 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente

ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implicita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o seu peticionario coa aprobación do seu proxecto de execución, logo do cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra dun poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación.

Ourense, 7 de xullo de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5999