Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.947

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1997 pola que se convocan dúas bolsas de formación na área da estatística pública, no Instituto Galego de Estatística.

A Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, regula os principios e as normas nas que se basea a actividade estatística da Comunidade Autónoma, encomendándolle ó Instituto Galego de Estatística (IGE) entre outras funcións, o impulso e fomento da investigación estatística que contribúa a mellora-lo coñecemento da realidade social e económica de Galicia, así como o perfeccionamento profesional do persoal estatístico da Comunidade Autónoma.

Coa finalidade de fomenta-la formación e investigación, o IGE considera necesario a convocatoria de dúas bolsas dirixidas á formación de persoal cualificado na área da estatística pública.

Por todo isto, esta dirección resolve facer pública a presente convocatoria que se aterá ás seguintes,

BASES:

Primeira.-Obxecto.

Convócanse dúas bolsas de formación para incentiva-la formación e preparación de persoal cualificado na área da estatística pública. As bolsas concederanse, unha a un licenciado en Matemáticas e outra a un licenciado en Económicas. Este suposto só se alterará de non existiren solicitudes dalgunha das dúas titulacións.

A concesión e posterior aceptación da bolsa non supón ningún tipo de vinculación laboral entre o bolseiro e o Instituto Galego de Estatística.

Segunda.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán solicitar estas bolsas aquelas persoas que reúnan os seguintes requisitos no momento de remata-lo prazo de presentación de solicitudes:

Posuí-la nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea e ser veciño ou estar domiciliado en calquera dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

Licenciatura en Ciencias Matemáticas, especialidade estatística e investigación operativa.

Licenciatura en Ciencias Económicas.

Non ter transcorrido máis de dous anos desde a data de obtención do título da licenciatura.

Non ter sido separado do servicio de calquera das administracións públicas mediante expediente disciplinario.

Non ter sido beneficiario doutra bolsa de formación e/ou investigación estatística do IGE.

Terceira.-Presentación, formalización e prazo das solicitudes.

As solicitudes formalizaranse no impreso que se achega como anexo a esta convocatoria, presentaranse no rexistro xeral deste organismo, sito na rúa Ramón Piñeiro, 27, 3º 15702 Santiago de Compostela, ou nos rexistros dos demais órganos e oficinas ós que se refire o artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

Documento nacional de identidade e NIF. No suposto de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea deberase presenta-la documentación equivalente.

Certificación do expediente académico do solicitante, coas cualificacións obtidas e data de remate dos estudios referidos á titulación esixida.

Currículum vitae do solicitante, no que se sinalará a formación recibida e a experiencia no campo da estatística. Non se valorarán aqueles méritos que non estean acreditados documentalmente.

Declaración expresa responsable de non ter sido separado do servicio de calquera das administracións públicas mediante expediente disciplinario.

Declaración expresa responsable de non ter sido beneficiario con anterioridade doutra bolsa de formación e/ou investigación estatística.

Acreditación de estaren ó corrente das súas obrigas tributarias e sociais, e de non ter pendente ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente convocatoria.

Cuarta.-Selección e avaliación das solicitudes.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, exporase no taboleiro de anuncios do IGE a relación provisoria de admitidos e excluídos, dispoñendo os interesados de cinco días para presenta-las alegacións que consideren oportunas, e unha vez resolta exporase a relación definitiva de admitidos á convocatoria.

O estudio e avaliación das solicitudes levaraos a cabo unha comisión de avaliación que estará integrado polos seguintes membros:

Presidenta: a secretaria técnica do IGE.

Vocais: José Manuel Prada Sánchez, director do departamento de Estatística e Investigación Operativa da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

José María Riobóo Almanzor, catedrático de Economía Aplicada (Estatística económica e empresa

rial) da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

Actuará como secretario un funcionario do IGE.

A selección realizarase mediante a avaliación dos méritos acreditados conforme o seguinte baremo:

-O expediente académico, ata un máximo de 9 puntos.

-Cursos, seminarios e outras actividades de formación directamente relacionadas coa estatística, ata un máximo de 7 puntos.

-Cursos, seminarios ou otras actividades de formación directamente relacionadas con ferramentas informáticas de uso habitual no tratamento e análise de datos, ata un máximo de 5 puntos.

-Participación en estudios, traballos ou proxectos directamente relacionados coa estatística, ata un máximo de 2 puntos.

-Outros méritos curriculares, ata un máximo de 2 puntos.

Os solicitantes seleccionados poderán ser convocados a unha entrevista persoal.

A comisión elevará, para a súa resolución polo director do IGE, unha proposta para cada unha das titulacións.

Quinta.-Resolución e notificación.

Vista a proposta de concesión das bolsas para cada unha das titulacións, formulada pola comisión de avaliación, a presente convocatoria resolverase por resolución do director do IGE e constará, ademais da relación dos candidatos seleccionados, a dos respectivos suplentes. Da dita resolución, que se publicará no DOG, e no taboleiros de anuncios do IGE, daráselles traslado ós seleccionados, de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Nos cinco días seguintes ó da notificación da resolución, os seleccionados deberán proceder á aceptación por escrito da bolsa e de cantas obrigas deriven da presente resolución; transcorrido o dito prazo quedará sen efecto a designación efectuada.

A data de incorporación ó IGE indicaráselles ós seleccionados na notificación da resolución de concesión. O bolseiro que non se incorporase no período establecido perderá os dereitos inherentes á bolsa.

Nos supostos en que quede sen efecto a designación, prevista nos números anteriores, o director do IGE poderá proceder á adxudicación da bolsa ós candidatos que figuran como suplentes.

Sexta.-Contía e forma de pagamento.

O importe da bolsa será de cento trinta e cinco mil pesetas (135.000) brutas mensuais. O importe líquido farase efectivo na conta bancaria que solicite o bolseiro.

O bolseiro, polo tempo de duración da bolsa, terá dereito a un seguro combinado de cobertura de asistencia cirúrxica e médica, en réxime de consultorio e domiciliario.

Sétima.-Duración da bolsa.

A duración da bolsa será de doce meses, contados a partir da incorporación do bolseiro ó IGE.

Oitava.-Obrigas dos bolseiros.

Os bolseiros comprometeranse a cumpri-lo réxime de formación e investigación establecido polo director do IGE, contando co asesoramento, orientación e dirección dos funcionarios do IGE que se designen para tales efectos.

Os bolseiros, antes de remata-lo período de desfrute da bolsa, deberán presentar unha memoria referida á actividade de formación desenvolvida.

Os bolseiros deberán permanecer nas dependencias do IGE por un período de tempo non inferior a trinta horas semanais.

Novena.-Renuncia á bolsa.

A renuncia á bolsa por parte do beneficiario, unha vez iniciado o seu desfrute, deberá comunicarse cun aviso previo mínimo, de quince días naturais e formularase por escrito dirixido ó director do IGE, quen poderá, polo período que reste, concederlla ó seleccionado que figure como seguinte na proposta elaborada pola comisión de avaliación.

Décima.-Dotación económica e aplicación orzamentaria.

Para a concesión das bolsas que se convocan na presente resolución existe crédito na aplicación orzamentaria 05.50.441A.480.00, dos orzamentos do IGE para o ano 1997.

Décimo primeira.-Cláusula xeral.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das bolsas poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, por parte do director do IGE.

O director poderá revoga-lo desfrute da bolsa se o bolseiro non realiza ou incumpre as tarefas que se lle asignen ou se aquelas non reúnen os requisitos de calidade esixibles. No tal suposto, así como no de renuncia da bolsa por parte do beneficiario, procederá o director do IGE na forma prevista na base quinta desta convocatoria.

A participación na convocatoria supón a aceptación expresa das súas bases e resolución.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1997.

J. Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

5534