Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1997 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Pilman, S.L., sita na avenida Finisterre, 22, da Coruña.

Visto o expediente instruído por instancia de Manuel Pérez Casañes, na súa calidade de conselleiro delegado da entidade mercantil Viajes Pilman, S.L., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, na Coruña, Avda. Finisterre, 22, da axencia de viaxes Viajes Pilman, S.L., do grupo retallista, co código identificativo CIAN 41375-2, que ten a súa casa central en Sevilla, na rúa Rosario, 10-3º Esda.

Resultando, que o interesado xunto coa solicitude achegou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando, que na tramitación do expediente se obsevaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando, que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autorizar los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, a Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Pilman, S.L., sita en Sevilla, na rúa Rosario, 10-3º Esda., da que é titular a entidade mercantil Viajes Pilmar, S.L., a apertura dun novo establecemento na Coruña, na Avda. Finisterre, 22, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous

meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

6358