Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.886

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas no Centro Superior de Hostelería de Galicia:

1. Posto: técnico de apoio psicopedagóxico (Ref. DCIA-697).

a) Funcións principais: colaborar co responsable da área no asesoramento a profesores e alumnos, así como no seguimento e apoio pedagóxico a estes.

b) Prazas: 1.

c) Dedicación: tempo parcial.

d) Requisitos:

-Titulación universitaria relacionada (psicopedagoxía, psicoloxía ou pedagoxía).

-Experiencia profesional na área dun ano.

e) Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos profesionais.

-Ofimática (Microsoft Office).

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

f) Probas que se van realizar:

-Elaborar un programa docente.

-Planificación dunha clase.

-Casos prácticos de apoio psicopedagóxico.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

2. Posto: técnico de mantemento (Ref. MANT-797).

a) Funcións principais: encargarase do mantemento das instalacións e do equipamento do centro.

b) Prazas: 1.

c) Requisitos:

-FP II ou titulación equivalente.

-Experiencia profesional de 30 meses en postos de responsabilidade no mantemento de instalacións (preferiblemente relacionadas coa hostelería).

d) Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos profesionais.

-Ofimática.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

e) Probas que se van realizar:

-Exame de coñecementos da área (eliminatorio).

-Probas prácticas de Ofimática (Microsoft Office).

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

3. Posto: profesor de cociña (Ref. COC-897).

a) Funcións principais: asumirá a materia de prácticas de cociña na partida que lle corresponda, coordinando o funcionamento desta coa xestión dos restaurantes do centro.

b) Prazas: 2.

c) Requisitos:

-Titulación oficial ou específica na área.

-Experiencia profesional como xefe de partida (ou posto superior) de polo menos 18 meses.

d) Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos de cociña.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Inglés e francés.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

e) Probas que se van realizar:

-Exame de coñecementos da área (eliminatorio).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Word e Excel para Windows.

-Proba escrita de inglés e francés.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

4. Posto: profesor de servicios (Ref. SERV-997).

a) Funcións principais: asumirá a materia de prácticas de servicio no departamento que lle corresponda, coordinando o funcionamento deste coa xestión dos restaurantes do centro.

b) Prazas: 2.

c) Requisitos:

-Titulación oficial ou específica na área.

-Experiencia profesional en postos de responsabilidade de 18 meses, dos que polo menos 6 serán como primeiro maître.

d) Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos da área.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Inglés e francés.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

e) Probas que se van realizar:

-Exame de coñecementos da área (eliminatorio).

-Impartición dunha clase.

-Planificación docente.

-Word e Excel para Windows.

-Proba escrita de inglés e francés.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

5. Posto: profesor responsable do Departamento de Informática (Ref. INF-1097)).

a) Funcións principais: encargarase das materias de informática, así como dirixi-lo departamento xestionando o sistema informático (3 TPV's e 80 PC's

con sistemas operativos Windows NT, Windows 95, Windows traballo en grupo e MS-DOS).

b) Prazas: 1.

c) Requisitos:

-Titulación universitaria en informática.

-Experiencia profesional mínima de 18 meses como responsable de Departamento de Informática.

d) Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos profesionais.

-Ofimática (Microsoft Office).

-Aptitude docente.

-Inglés.

-Capacidade de integración en equipos de traballo e coordinación do seu funcionamento.

e) Probas que se van realizar:

-Exame teórico-práctico de coñecementos da área (eliminatorio).

-Impartición dunha clase.

-Planificación docente.

-Proba escrita de inglés.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

6. Posto: profesor de finanzas (Ref. FIN-1197)).

a) Funcións principais: asumirá o desenvolvemento e impartición de asignaturas da área.

b) Prazas: 1.

c) Requisitos:

-Licenciatura en CC. empresariais.

-Experiencia profesional acreditada de 18 meses en postos de responsabilidade relacionados coa área, dos que polo menos 6 serán en postos directivos en empresas do sector hosteleiro.

d) Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos profesionais.

-Aptitude docente.

-Ofimática (Microsoft Office).

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

e) Probas que se van realizar:

-Exame de coñecementos profesionais (eliminatorio).

-Impartición dunha clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Word e Excel para Windows.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

7. Posto: profesor de recursos humanos (Ref. RH-1297)).

a) Funcións principais: colaborar no desenvolvemento e impartición das materias da área, así como no funcionamento do departamento, asumindo responsabilidades na xestión dos recursos humanos do centro.

b) Prazas: 1.

c) Dedicación: tempo parcial.

d) Requisitos:

-Titulación universitaria en psicoloxía, socioloxía, relacións laborais, dereito ou CC. empresariais.

-Experiencia profesional acreditada na área de polo menos 18 meses (non se inclúe experiencia docente).

e) Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos profesionais.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Inglés.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

f) Probas que se van realizar:

-Exame de coñecementos profesionais (eliminatorio).

-Impartición dunha clase.

-Planificación docente.

-Word e Excel para Windows.

-Proba escrita de inglés.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

8. Posto: profesor de idiomas (Ref. ID-1397)).

a) Funcións principais: asumirá responsabilidades na materia de inglés.

b) Prazas: 1.

c) Dedicación: tempo parcial.

d) Requisitos:

-Titulación universitaria.

-Dominio oral e escrito do idioma inglés.

-Experiencia docente mínima de 6 meses.

-Estadía de 6 meses en países onde o inglés sexa idioma oficial.

e) Valorarase:

-Currículo.

-Aptitude docente.

-Coñecementos de ofimática para Windows.

-Francés.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

f) Probas que se van realizar:

-Exame oral e escrito de inglés (eliminatorio).

-Impartición dunha clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Word para Windows.

-Exame oral e escrito de francés.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

9. Documentación que se van presentar:

-Solicitude por posto de interese, indicando a referencia, dirixida ó director do CSHG (A Barcia. Estrada Santiago-Noia, Km. 3. Apartado de Correos 578. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículo.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. (incluíndo certificación académica nos casos nos que se esixa titulación). Os títulos obtidos no extranxeiro deberán estar validados en España.

10. Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas ofertadas, publicará as listas previas de admitidos e excluidos a cada proceso.

11. Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación será de 12 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1997.

Rubén V. Lois Calviño

Conselleiro-delegado de Turgalicia, S.A.

Secretario Xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública