Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o 31-7-1997, adoptou o seguinte acordo:

1. Tomar coñecemento do acordo de aprobación inicial do proxecto de compensación da unidade de actuación número 17-B, sita entre a rúa Irmáns Nodales e Avenida das Corbaceiras, adoptado pola xunta de compensación deste ámbito espacial, coa finalidade de proceder á súa xestión e execución urbanística.

2. Dispor o sometemento á información pública do proxecto inicialmente aprobado, polo prazo de vinte días, con citación persoal dos interesados e a través da correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo de vinte días, a partir desta publicación exporase ó público o proxecto na Unidade Municipal de Fomento (rúa Dona Tareixa) para que poida ser examinado por cantas persoas se consideren interesadas ou afectadas.

Pontevedra, 1 de agosto de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

5986