Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

EDICTO.

Declarada a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Moeche (A Coruña), dos bens e demais dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de construcción dunha nova Casa do Concello, por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29-5-1997, o Concello de Moeche resolve convoca-los titulares dos bens e dereitos que figuran na presente relación para que o día 5 de setembro de 1997, ás 10 horas, comparezan no Concello de Moeche, para os efectos de proceder o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados.

Ó dito acto, os interesados poderán comparecer por si ou mediante representante e vir acompañados de perito e notario, á súa custa, debendo presentar DNI e aporta-lo último recibo do imposto sobre bens inmobles, así como documentos xustificativos da súa titularidade sobre os indicados bens e dereitos.

Predio número: 1.

Titular: José Mariano Beceiro Couce. Labacengos-Moeche.

Superficie que se expropiará: 1.798 m.

Predio número: 2.

Titular: herdeiros de Higinio Seijido-Moeche.

Superficie que se expropiará: 729 m

Moeche, 30 de xullo de 1997.

Xulio Cribeiro García

Alcalde

6284