Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1997 pola que se convoca poxa, con procedemento aberto, dunha propiedade municipal no polígono do Paseo das Pontes.

Acordado por este concello o alleamento dunha propiedade municipal, mediante poxa pública, e a aprobación do correspondente prego de condicións, anúnciase a licitación conforme as seguintes condicións:

Obxecto e prezo tipo desta poxa: o alleamento da propiedade municipal que se relaciona a seguir:

Polígono do Paseo das Pontes: parcela número 15 en superficie e número 6 en subsolo, que integra o cuarteirón M-3, do proxecto de compensación.

Aproveitamento: 11.525 m.

Superficie de ocupación en soto: 2.539 m.

Valor urbanístico total: 802.407.456 pesetas.

O tipo de licitación ou valor en venda faise coincidir, por tanto, co valor urbanístico.

Forma de presenta-los pregos: os pregos presentaranse en dous sobres pechados, un conterá a oferta económica e o outro a documentación administrativa; levará escrito no anverso o seguinte: «Proposición para optar á poxa para a compra da parcela número 15 en superficie e número 6 en subsolo, que integra o cuarteirón M-3 do proxecto de compensación do polígono do Paseo das Pontes».

O depósito que, como fianza provisional, deberá constituírse para poder tomar parte na poxa será do 2% (dous por cento) do tipo de licitación para a parcela que se poxa, admitíndose a dita fianza en calquera das formas establecidas no artigo 36 da Lei de 1995, de contratos das administracións públicas.

O metálico, valores ou avais depositaranse na caixa deste concello.

Prazo de exposición ó público: durante os vinteseis días de prazo para a presentación de pregos estará de manifesto o expediente para ser examinado polo público no Servicio Municipal de Urbanismo, sito na Avda. da Mariña, 18.

Apertura de pregos: a mesa de contratación cualificará previamente os documentos presentados en tempo e forma e procederá en acto público á apertura das ofertas admitidas, que terá lugar na secretaría das casas consistoriais ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación, que no caso de resultar sábado se entenderá prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

A proposta de adxudicación non crea dereito en favor do adxudicatario proposto fronte á Administración mentres non se adxudique o contrato por acordo do órgano de contratación.

Pagamento: o pagamento do prezo de adjudicación farase efectivo dentro dos quince días seguintes á notificación do acordo de adxudicación definitiva. Realizado o ingreso, o adxudicatario entrará en posesión do soar.

A Coruña, 16 de xuño de 1997.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Alcalde

6303