Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1997, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, pola que se anuncia o concurso polo procedemento aberto para a contratación da subministración en réxime de arrendamento de equipos de telefonía e comunicacións para a xestión e control de chamadas das habitacións de hospitalización e extensións interiores do Hospital do Meixoeiro (C.P. 27/1997).

O director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración en réxime de arrendamento de equipos de telefonía e comunicacións.

Orzamento: 15.255.000 ptas.

Garantía provisional: 305.100 pesetas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto con tramitación urxente.

Prazo de entrega: 20 días a partir da adxudicación do concurso.

Prazo de execución do contrato: desde o 1-9-1997 ata o 31-12-2001.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: ata 10 puntos.

2. Valoración técnico-funcional: ata 10 puntos.

3. Experiencia e implantación no sector: ata 2 puntos.

4. Oferta de contraprestacións: ata 8 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital do Meixoeiro de Vigo. En días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (986) 81 11 59 Fax: (986) 81 11 39.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviarse por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro, a partir das 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 5 de agosto de 1997.

José Fermín Troncoso Casares

Director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo

6283