Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO.

Aprobado con carácter inicial por resolución da Alcaldía-Presidencia do 31 de xullo de 1997 o estudio de detalle para o establecemento de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes no cuarteirón comprendido entre as rúas Fomento, Saavedra Meneses, Ciscada e Travesía dos Anxos, deste termo municipal, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Ángel Delgado Cid, do estudio de enxeñería CEINSA, debidamente visado polo colexio de enxeñeiros, camiños e portos, faise público ó abeiro dos artigos 34, 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 140 do Regulamento de planeamento urbanístico:

Primeiro: suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición no cuarteirón comprendido entre as rúas Fomento, Saavedra Meneses, Ciscada e Travesía dos Anxos, polo prazo dun ano, se ben a dita suspensión se

extinguirá coa aprobación definitiva do estudio de detalle.

Segundo: sométese á información pública durante o prazo dun mes a presente aprobación inicial, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, BOP e nun xornal dos de maior tirada da provincia, e así mesmo, notifícaselles persoalmente ós propietarios e demais interesados directamente afectados, comprendidos no ámbito territorial do estudio de detalle.

Ares, 1 de agosto de 1997.

Manuel Rodríguez Doval

Alcalde Acctal.

6302