Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Umia, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso DH.A36.2626 (4/253/9).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Umia, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do Real decreto 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º. do dito Real decreto 916/1985 segundo a redacción establecida polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, as peticións e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave

do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostela -e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir do día seguinte á publicación que corresponde facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio tamén será obxecto de inserción no BOP de Pontevedra e de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Cuntis e A Estrada (Pontevedra).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documentación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio: Rúa Nova de Abaixo, 2, 36071 Pontevedra.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra. r/ Benito Corbal, 47-3ª planta, 36071 Pontevedra

* Concello de Cuntis, praza da Constitución, 4, 36670 Cuntis, Pontevedra

*Concello de A Estrada, praza da Constitución, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

-Peticionario e promotor: Minicentrales Asturianas, S.A.

Representante: Héctor García Rodríguez.

Enderezo: r/ Cervantes, 24-1º dereita, 33004 Oviedo, Asturias.

Denominación do aproveitamento: Central de Corga.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica

Caudal : 4.500 l/s.

Corrente de derivación: río Umia

Tramo ocupado (cotas): 323-200 m.

Desnivel: 123 m.

Altura do azude: 8 m.

Potencia: 4.494 kW.

Término municipal onde radica a toma e demais obras: concellos de Cuntis e A Estrada (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 49,5 m (cota de coroación 328 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager, o labio do cal se atopa a cota de 323 m, cunha lonxitude de vertido de 30 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito. O azude presenta no seu estribo dereito unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo no seu estribo esquerdo xunto á toma.

A obra de toma sitúase perpendicularmente ó azude no seu estribo esquerdo onde se encontran tres bocais rectangulares con comporta e reixa de grosos, a continuación constitúese a cámara de decantación cunhas dimensións de 60 m de longo, 4 m de largura máxima e unha altura máxima de 3,5 m. A cámara de decantación presenta un escorredoiro lateral e comporta de limpeza e baleirado seguido dun bocal abuguinado de entrada á tubería de derivación.

-Conducción de derivación.

A derivación realízase mediante unha tubería circular de 1,9 m de diámetro e 4.800 m de lonxitude que discorre enterrada na marxe esquerda do río Umia e está construída de PRFV reforzado. A auga na tubería discorre en lámina libre.

-Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 40 m x 3 m e unha altura máxima de 5 m, está parcialmente cuberta e dispón de válvula, reixa e peite limpador. Os primeiros 4 m da cámara de carga están formados por unha transición entre a tubería e o largo da cámara.

-Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 1.300 mm de material poliéster reforzado cunha lonxitude de 648,71 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe esquerda do río Umia sobre apoios de formigón.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 19 m x 15 m, que ten unha estructura de formigón con cerramento en teitume de uralita apoiada en cimbre metálico.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución con aliñación recta e unha sección de 2 m de largo e 1 m de altura construída en formigón. A cota de desaugamento é de 200 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores formados por turbinas Francis para caudais 3 e 1,5 m/s e un salto de 117,5 m (potencia de 2.996 e 1.498 kW respectivamente); os alternadores son asíncronos de 5 kV de tensión de saída e 1.000 r.p.m.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións ós fins da necesaria expropiación forzosa segundo a relación facilitada polo promotor: Monte Público e outros; a relación deste detállase no documento técnico correspondente.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Petincionario e promotor: Energía de Galicia, S.A.

Enderezo: r/ Romero Donallo, 98 baixo C, 15706 Santiago, A Coruña.

Representante: Benito Fernández González.

Denominación do aproveitamento: salto de auga no río Umia.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 4.984 l/s.

Corrente de derivación: río Umia.

Tramo ocupado (cotas): 323-262 m.

Desnivel: 61 m.

Altura do azude: 9,33 m.

Potencia: 1.996 kW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concellos de Cuntis e A Estrada (Pontevedra)

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha coroación na cota de 326,83 m. Presenta un vertedoiro de perfil Creager o labio do cal se atopa na cota de 323 m, cunha lonxitude de vertido de 26 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito.

A obra de toma sitúase perpendicularmente ó azude no seu estribo dereito e está formada por un escorredoiro e unha transición ata a canle de derivación, presentando unha comporta e un desaugadoiro de fondo.

-Canle de derivación.

A canle de derivación esténdese na marxe dereita do río Umia, ten unha lonxitude de 1.450 m e está

construída en formigón cunha sección rectangular de 1,6 m x 1,85 m.

-Cámara de carga.

A cámara de carga ten unha lonxitude de 37 m e unha altura de caixeiros de 3,25 m.

-Tubería forzada.

A tubería forzada proxéctase cun diámetro de 1,25 m, é metálica e ten unha lonxitude de 93 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe dereita do río Umia.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 10,4 m x 6 m construído de bloques de formigón impermeables

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución. A cota de desaugamento é de 262 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por unha turbina Francis de eixe horizontal, 750 r.p.m. para 4,984 m/s e un salto de 54,8 m (potencia de 1.996 KW); o alternador é asíncrono de 2.100 kVA, 3 kV de tensión e 750 r.p.m.

-Transformador de 2.500 KVA e elevación de 3 kV a 15/20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que a seguir se indican xunto cos seus propietarios:

FINCASPROPIETARIOS

CultivoConcelloParroquiaNome e apelidos

MonteA EstradaArcaManuela Fontenla Carnota

MonteA EstradaArcaHijos de José Cortes Carballo

ErmoA EstradaArcaAntonio Monteagudo Blanco

ErmoA EstradaArcaManuel Monteagudo Silva

ErmoA EstradaArcaHijos de Benito Canaval M.

ErmoA EstradaArcaCarmen Cortes Canaval

ErmoA EstradaArcaHijos de Benito Canaval M.

ErmoA EstradaArcaDescoñecido

ErmoA EstradaArcaDionisio Pena Canaval

ErmoA EstradaArcaDolores Silva Rodríguez

ErmoA EstradaArcaMercedes Cortes Graña

ErmoA EstradaArcaAvelina Muras Rozados

ErmoA EstradaArcaManuel Monteagudo Silva

MonteA EstradaArcaDolores Silva Rodríguez

MonteA EstradaArcaCarmen Cortes Canaval

MonteA EstradaArcaDionisio Pena Canaval

MonteA EstradaArcaMercedes Cortes Graña

MonteA EstradaArcaAvelina Muras Rozados

ErmoA EstradaArcaJose Malvar figueroa

MonteCuntisCequerilComunidade de Veciños de Sevil

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento se presentó conforme á normativa aplicable.

6300