Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1997, do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico, pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras do encoro de Caldas de Reis no río Umia, concello de Cuntis (clave OH-136.306).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 17 de decembro de 1996, o presidente do organismo autónomo Augas de Galicia aprobou definitivamente o anteproxecto da obra do encoro de Caldas de Reis no río Umia.

O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 375/1996, do 11 de outubro, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras e a urxente ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este departamento no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Cuntis e que máis abaixo se detallan, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se indican, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Horas

Días9.30 a 11.3011.30 a 13.30

25/08/970001 a 00320033 a 0065
26/08/970066 a 00970098 a 0130
27/08/970131 a 01620163 a 0195
28/08/970196 a 02270228 a 0260
29/08/970261 a 02920293 a 0325
01/09/970326 a 03570358 a 0390
02/09/970391 a 04220423 ó final

O dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución; se o consideran oportuno, poderán acudir acompañados, pola súa conta, do seu perito e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o plazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia, Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de enmendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 1997.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Xefe do Departamento de Xestión do Dominio

Público Hidráulico

5805