Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Parada de Valdohome, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso DH.A36.3129 (1/298/27).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Parada de Valdohome, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e/ou imposición de servidumes, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do Real decreto 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º. do dito Real decreto 916/1985 segundo a redacción establecida polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo; e 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación do impacto ambiental e dos efectos ambientais para Galicia, respectivamente, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, as peticións e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas

alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder

suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostela -e dentro do prazo improrrogable de trinta (30) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir do día seguinte á publicación que corresponde facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito período de tempo, non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, tamén será obxecto de inserción no BOP de Pontevedra e de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello da Lama e Fornelos de Montes (Pontevedra).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documentación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio: r/ Nova de Abaixo, 2, 36071 Pontevedra

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudio de impacto ambiental.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra. R/ Benito Corbal, 47,3ª planta, 36071 Pontevedra

* Concello da Lama. R/ Avda. José Antonio, 1, 36830 A Lama, Pontevedra

* Concello de Fornelos de Montes. R/ Praza da Igrexa, 1, 36852 Fornelos de Montes, Pontevedra

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

RELACIÓN DE PETICIONARIOS

-Peticionario e promotor: José Juan Pena Teijido.

Enderezo: r/ Camilo José Cela, 11 baixo, Vilagarcía, Pontevedra.

Denominación do aproveitamento: Salto de Monte Parada.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica

Caudal : 4.000 l/s

Corrente de derivación: Parada de Valdohome

Tramo ocupado (cotas): 384-274 m

Desnivel: 110 m

Altura do azude: 8 m

Potencia: 4.436 kW

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concellos da Lama e Fornelos de Montes (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 34,46 m (cota de coroación 388 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager, o labio do cal se encontra á cota 384 m, cunha lonxitude de vertido de 17 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito presentando no seu estribo esquerdo unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo na súa parte central.

O azude encóntrase no tramo de río próximo a Xestal, prevéndose o acceso desde un camiño que baixa ó río desde a estrada comarcal 531.

A obra de toma sitúase perpendicularmente ó azude no seu estribo dereito onde se encontran un bocal rectangular cunha reixa inclinada, a continuación

constitúese a cámara de decantación cunhas dimensións de 13,2 m de longo, 4 m de largo e unha altura de 4 m. A cámara de decantación presenta un escorredoiro lateral e comporta de limpeza e baleirado seguido dun bocal de entrada á conducción de derivación.

-Canle de derivación.

A canle de derivación esténdese na marxe dereita do río Parada, ten unha lonxitude de 2.080 m e está construído en formigón cunha sección cuberta rectangular de 1,9 m x 1,7 m escavada no terreo a media ladeira.

-Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 15 m x 4 m e unha altura de caixeiros de 3 m e dispón de comporta electrónica automatizada que conecta coa tubería de carga.

-Tubería forzada

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 1.300 mm de material aceiro ó carbono cunha lonxitude de 455 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe dereita do río Parada de Valdohome.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 12,2 m x 6,15 m situada na zona denominada Carballoso do Lameiro, próxima a Ceo á cota 278 m. A estructura do edificio é de formigón armado e prevese un camiño de acceso desde a estrada que conduce a Ceo, mediante a realización dunha pista que cruza o río Parada.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución de 10,4 m de lonxitude, de aliñación recta, cunha sección de 2,2 m de largo e 2,5 m de altura construída en formigón. A cota de desaugamento é de 274 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores formados por turbinas Francis de cámara espiral, 750 r.p.m., para 2 m/s e un salto de 102,75 m (potencia de 2.218 kW cada unha); os alternadores son asíncronos de 2.500 kVA, 6 kV de tensión e 750 r.p.m.

-Transformador de 3.300 kVA e elevación de 6 kV a 20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins

da necesaria expropiación forzosa os que a seguir se indican cos seus propietarios:

Concellos da Lama e Fornelos de Montes.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

PolígonoNº ParcelaNome e apelidosSuperficie m

22Julio García Gómez240

23Carmen Baliñas Rguez.16

23Carmen Baliñas Rguez.20

24Marina López de los Santos82

24Marina López de los Santos92

25Dolores M. Liñares Pérez60

210Adolfo Araújo Álvares160

211Elena Fernández Iglesias32

219Marina López de los Santos45

220M. Soledad Domínguez Cal60

22Ana M. Martínez Carreiro20

222Descoñecido40

223Celso Cal Fernández + outros45

224Candelaria Cal Suárez + 140

225María Domínguez Domínguez16

226Candelaria Cal Suárez + 1100

227M. Milagros López Redondo84

228Candelaria Cal Suares + 1120

229Lucila Rey Vilas200

230Avelino M. Álvarez Garrido20

231María Domínguez Domínguez20

232Elena Monteiro González + 340

234Enrique López Redondo60

241Descoñecido240

242Lidia Hermida Paz + 4180

243Asunción García Rodríguez140

245Adolfo Araujo Álvarez60

270Lucila Rey Vila + 39

271Marina López de los Santos145

2233María Domíguez Domínguez150

2257Jesús Domínguez Cal200

2258Concello110

2558Monte veciñal pq Berducido80

2559Monte veciñal pq Berducido60

2562Monte veciñal pq Berducido17600

2573Descoñecido2400

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Tradici, S.L.

Enderezo: Avda. Vigo, 39-1ºB, 36003 Pontevedra.

Representante: Javier Bastón Pereiro.

Denominación do aproveitamento: A. H. do Parada Medio.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 3.200 l/s.

Corrente de derivación: Parada de Valdohome.

Tramo ocupado (cotas): 476,2-379,15 m.

Desnivel: 97,05 m.

Altura do azude: 5,6 m.

Potencia: 2.734 kW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concello de Fornelos de Montes (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 31,2 m (cota de coroación 479,3 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager o labio do cal se encontra a cota 476,2 m, cunha lonxitude de vertido de 12 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo

esquerdo unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo de 400 mm de diámetro ó lado da obra de toma.

A obra de toma sitúase transversalmente ó azude no seu estribo esquerdo e presenta unha sección de control cunha comporta. A cámara de toma ten unha lonxitude de 35 m, unha anchura máxima de 3,8 m e unha profundidade máxima de 2,5 m con reixa e limparreixas no extremo cara á canle.

O acceso ó azude proxéctase mediante a realización dun camiño novo duns 200 m de lonxitude desde o camiño existente de Entrerríos ata Campeliños.

-Canle de derivación.

A canle de derivación esténdese na marxe esquerda do río Parada, ten unha lonxitude de 1.350 m e está construído en formigón cunha sección rectangular de 1,8 m x 1,6 m.

-Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 14 m x 6 m e unha altura de caixeiros de 4 m e dispón de comportas á entrada desde a canle e a saída cara á tubería de carga. A entrada á cámara de carga proxéctase mediante unha sección intermedia donde se sitúa a reixa e limparreixa.

-Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 1,2 m construída de aceiro e cunha lonxitude de 234 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe esquerda do río Parada de Valdohome.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 11 m x 20,7 m situada nunha zona próxima a Campeliños á cota de 382 m. A estructura do edificio é de formigón armado e prevese un camiño de acceso desde a estrada existente nas proximidades da ponte (estrada de Xinzo a Vilagarcía).

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución de 12 m de lonxitude, cunha sección de 3 m de largo e 1 m de altura construída en formigón. A cota de desaugamento é de 379,15 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por turbinas Francis de eixe horizontal, 1.000 r.p.m., para 1,6 m/s e un salto de 94,67 m (potencia de 1.367 kW cada unha); os alternadores son síncronos de 1.500 kVA, 6 kV de tensión e 1.000 r.p.m.

-Transformador de 3.000 kVA e elevación desde 6 kV a 20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou derei

tos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa e imposición de servidumes os que a seguir se indican cos seus propietarios:

PREDIOSPROPIETARIOS

PolígonoNª ParcelaConcelloNome e apelidos

29613Fornelos de M.Comunidade Veciñal de Estacas

29104Fornelos de M.María Piñeiro S-S

29568Fornelos de M.Cda. V. de Estacas

29IIIFornelos de M.Descoñecido

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable

-Peticionario e promotor: Minicentrales Asturianas, S.A.

Representante: Héctor García Rodríguez

Enderezo: r/ Cervantes, 24-1º dereita, 33004 Oviedo, Asturias

Denominación do aproveitamento: Central de Parada

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 1.900 l/s.

Corrente de derivación: Parada de Valdohome.

Tramo ocupado (cotas): 373-290 m.

Desnivel: 83 m.

Altura do azude: 6,5 m.

Potencia: 1.274 kW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concellos da Lama e Fornelos de Montes (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma no río Parada de Valdohome.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 39,5 m (cota de coroación 376,5 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager o labio do cal se encontra a cota 373 m, cunha lonxitude de vertido de 20 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito presentando no seu estribo esquerdo unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo no seu estribo dereito xunto á toma.

O azude encóntrase no tramo de río próximo a Eido Baixo augas abaixo do cruzamento sobre o río.

A obra de toma sitúase perpendicularmente ó azude no seu estribo dereito onde se encontran dous bocais cuadrangulares con comporta e reixa de grosos, a continuación constitúese a cámara de decantación cunhas dimensións de 50 m de longo, 4 m de largo máxima e unha altura máxima de 4 m. A cámara de decantación presenta un escorredoiro lateral e comporta de limpeza e baleirado seguido dun bocal de entrada á tubería de derivación.

-Conducción de derivación.

A derivación realízase mediante unha tubería circular de 1,3 m de diámetro e 1.750 m de lonxitude que discorre enterrada na marxe dereita do río Para

da de Valdohome (Monte de Parada) e está construída PRFV reforzado. A auga na tubería discorre en lámina libre.

-Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 40 m x 3 m e unha altura máxima de 4,5 m, está parcialmente cuberta e dispón de válvula, reixa e peite limpador. Os primeiros 4 m da cámara de carga están formados por unha transición entre a tubería e o largo da cámara.

-Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 800 mm de material poliéster reforzado cunha lonxitude de 248,31 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe dereita do río Parada de Valdohome sobre apoios de formigón.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 19 m x 15 m con estructura de formigón e cerramento en teitume de uralita apoiada en cimbre metálico.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución con alineación recta e unha sección de 2 m de largo e 1 m de altura construída en formigón. A cota de desaugamento é de 290 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores formados por turbinas Francis para caudais 1,5 e 0,4 m/s e un salto de 78,94 m (potencia de 1.006 e 268 kW respectivamente); os alternadores son asíncronos de 5 kV de tensión de saída e 1.000 r.p.m.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa os que a seguir se indican cos seus propietarios:

Concellos da Lama e Fornelos de Montes.

PREDIOSPROPIETARIOS

NaturezaNome e apelidos

T. laborM. Suárez Nieto

PastosR. Millán Nieto

T. laborJ. Villa Domínguez

M. baixoM. Fernández Fariña

T. cultivoM. Crespo Otero

T. baixoL. González González

Monte público

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme á normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Minicentrales Asturianas, S.A.

Representante: Héctor García Rodríguez.

Enderezo: r/ Cervantes, 24-1º dereita, 33004 Oviedo, Asturias.

Denominación do aproveitamento: Central de Cavadiño.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 1.150 l/s.

Corrente de derivación: Parada de Valdohome.

Tramo ocupado (cotas): 525-380 m.

Desnivel: 145 m.

Altura do azude: 4,5 m.

Potencia: 1.350 kW

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concellos da Lama e Fornelos de Montes (Pontevedra)

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma no río Parada de Valdohome.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 35,5 m (cota de coroación 527,5 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager o labio do cal se encontra a cota 525 m, cunha lonxitude de vertido de 15 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito presentando no seu estribo esquerdo unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo no seu estribo dereito xunto á toma.

A obra de toma sitúase perpendicularmente ó azude no seu estribo dereito onde se encontran un bocal rectangular con comporta e reixa de grosos, a continuación constitúese a cámara de decantación cunhas dimensións de 30 m de longo, 3 m de largura máxima e unha altura máxima de 2,5 m. A cámara de decantación presenta un escorredoiro lateral e comporta de limpeza e baleirado seguido dun bocal de entrada á tubería de derivación.

-Azude de derivación e obra de toma no regato.

O azude de derivación é de tipo gravidade, cunha altura de 1,5 m e unha lonxitude de vertido de 5 m (cota de coroación e vertido de 525 m).

O leito do río augas enriba do azude encóntrase recheo de material seleccionado sobre o que se coloca unha camada de cachotería. A captación realízase mediante tubos porosos que levan a auga ata unha arqueta de toma. A dita arqueta conecta coa conducción de derivación mediante unha tubería que dispón na súa entrada dunha válvula de peche.

-Conducción de derivación.

A derivación realízase mediante unha tubería circular de 1 m de diámetro e 2.700 m de lonxitude que discorre enterrada na marxe dereita do río Parada de Valdohome e está construída de PRFV reforzado. A auga na tubería discorre en lámina libre.

-Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 40 m x 3 m e unha altura máxima de 4,5 m, está parcialmente cuberta e dispón de válvula, reixa e peite limpador. Os primeiros 4 m da cámara de carga están formados por unha transición entre a tubería e o largo da cámara.

-Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 650 mm de material poliéster reforzado cunha lonxitude de 511,18 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe dereita do río Parada de Valdohome sobre apoios de formigón.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 19 m x 15 m con estructura de formigón e cerramento en teitume de uralita apoiada en cimbre metálico.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución con aliñación recta e unha sección de 2 m de largo e 1 m de altura construída en formigón. A cota de desaugamento é de 380 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores formados por turbinas Pelton para caudais 0,75 e 0,4 m/s e un salto de 138,11 m (potencia de 880 e 470 kW respectivamente); os alternadores son asíncronos de 5 kV de tensión de saída e 1.000 r.p.m.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa os que a seguir se indican cos seus propietarios:

Concellos da Lama e Fornelos de Montes.

PREDIOSPROPIETARIOS

NaturezaNome e apelidos

M. baixoP. González Carrera

PastosA. Hombreiro Álvarez

T. laborA. Castro Álvarez

M. baixoH. García Castro

T. laborFernández Represa

T. laborCaballero More

Monte público

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Hidrofreixa, S.L.

Enderezo: Avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama, Pontevedra

Representante: Julio Bernárdez Zabaleta

Denominación do aproveitamento: C. H. de Entrerríos

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 2.000 l/s.

Corrente de derivación: Parada de Valdohome.

Tramo ocupado (cotas): 824-520 m.

Desnivel: 304 m.

Altura do azude: 12 m.

Potencia: 4.544 kW.

Termo municipal onde se situa a toma e demais obras: concello de Fornelos de Montes (Pontevedra)

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Presa de derivación e obra de toma.

A presa de derivación é de tipo gravidade cunha coroación de 2 m de anchura e 92 m de lonxitude (cota de coroación de 826 m). Presenta un escorredoiro de perfil Creager o labio do cal se encontra á cota de 824 m, cunha lonxitude de vertido de 17 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito na cota 812 m formando un encoro de 0,4 hm e unha curva de remanso de 0,6 km de lonxitude.

No estribo dereito da presa xunto ó escorredoiro encóntrase un desaugadoiro de fondo circular e a toma cara á canle formado por unha embocadura que presenta unha comporta reguladora do caudal.

-Canle de derivación.

A canle de derivación esténdese na marxe dereita do río Parada, ten unha lonxitude de 2.050 m e está construída en formigón cunha sección cuberta trapezoidal de 1,4 m de largo na base, 2,25 m de largo na coroación e unha altura de caixeiros de 1,7 m, a caixa da canle está escavada en rocha e revestida de formigón.

Ó longo da canle sitúanse dous escorredoiros, o primeiro preto da presa e o segundo nas proximidades da cámara de carga.

-Cámara de carga.

A cámara de carga está formada por dous corpos, o primeiro é continuación da canle cun largo de 2,9 m e unha altura de 2,25 m, presentando reixa e limparreixas con peite limpador. O segundo corpo sepárase do anterior mediante unha comporta con volante e fusiño, presentando unhas dimensións de 12 m x 6 m e unha altura de caixeiros de 4 m.

A cámara de carga dispón dun desaugadoiro de fondo para limpeza e baleirado e unha comporta de entrada á tubería de carga.

-Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 1.000 mm de material fibrocemento nos primeiros 796 m

e chapa de aceiro nos 606 m restantes (lonxitude total de 1.402 m) desenvolvéndose na marxe dereita do río, enterrada no primeiro tramo e sobre apoios de formigón no segundo tramo.

-Central.

A central denominada de Entrerríos sitúase na ladeira esquerda do afluente pola marxe dereita do río Parada que pasa polos lugares de Casal e Entrerríos.

As dimensións do edificio son 9 m de largo, 22,5 m de lonxitude e 6,5 m de altura, sendo a súa estructura aporticada de formigón armado. O acceso proxectado realizarase desde un camiño que arrinca desde a estrada de Airoa.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución de 1,9 m de anchura e 2 m de altura e realízase no afluente do río Parada situado entre Casal e Entrerríos. A cota de desaugamento é de 520 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por unha turbina Francis de eixe horizontal, 1.500 r.p.m., para 2 m/s e un salto de 287 m (potencia de 4.544 kW ); o alternador é síncrono de 5.000 kVA, 6 kV de tensión e 1.500 r.p.m.

-Transformador de 5.000 kVA e elevación de 6 kV a 15/20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Estudio de impacto ambiental:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

6216