Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, pola que se notifica a do 26 de xuño de 1997, recaída no expediente sancionador LU-312/96, por infracción da Lei 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, ó resultar devolta polo servicio de correos a notificación feita ó interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Eriberto Fariña López de acordo co que figura no anexo, a resolución adoptada polo director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias do 26 de xuño de 1997, no expediente sancionador LU-312/96, xa que, intentada a notificación por correo certificado e con notificación da recepción, resultou devolta.

O importe da sanción farase efectiva por transferencia bancaria á conta de Caixa Galicia nº 311-152-115/8, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da firmeza da resolución. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Faise saber que esta resolución non é firme en vía administrativa, polo cal Eriberto Fariña López poderá interpoñer contra ela recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1997.

Víctor Tello Calvo

Director xeral de Producción Agropecuaria

e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente: LU-312/96.

Denunciado: Eriberto Fariña López.

DNI:

Enderezo: Álvaro Cunqueiro, nº 20. Foz-Lugo.

Infraccións cometidas: dedicarse á cría de cans na súa vivenda.

Precepto infrinxido: artigos 3, 20.d. e j. 21.f. e j. da Lei 1/1993.

Preceptos sancionadores: artigo 24.1.a. da Lei 1/1993.

Sanción: multa de 160.000 pesetas.

5775