Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de xuño de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio da batea P.P. número 3.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de

transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31-5-1993) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228 do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e abonados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: P.P. número 3.

Cultivo: ostra plana (ostrea edulis)

Localización: Redondela A, cuadrícula 51.

Data da concesión: 28-18-1964 (BOE 270).

Data na que remata a última prórroga: 28-10-2004.

Anterior concesionario: José Santos Cal e Antonia García Valladares.

Novo titular da concesión: Julio García Canda e Mª del Carmen Piay Pazos.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 13 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

5776