Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.862

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 23 de xullo de 1997 pola que se dictan as disposicións necesarias para facilita-lo reparto de cargas entre os concellos de Cervo e Burela, resultantes do proceso segregador resolto mediante o decreto da Xunta de Galicia 368/1994, do 15 de decembro.

Mediante o Decreto 368/1994, do 15 de decembro, se aprobou a segregación de parte do termo municipal do concello de Cervo (Lugo), para a súa posterior constitución nun novo e independente municipio, chamado Burela.

Desde o día 1 de xaneiro de 1995, data da entrada en vigor do decreto sinalado, a Xunta de Galicia intentou prestar toda a colaboración que lle foi demandada por ámbolos dous concellos, tanto economicamente, como incentivando a posta en funcionamento da comisión paritaria encargada de garanti-lo normal e axeitado desenvolvemento do proceso de transferencias entre ámbolos dous concellos.

Nembargantes, desde a publicación do decreto de segregación, este aínda non se atopa executado na súa totalidade, quedando por resolver cuestións da segregación relativas ó reparto de cargas entre os dous novos municipios.

Por todo isto, de conformidade co que dispón a disposición derradeira primeira do Decreto 368/1994, do 15 de decembro, polo que se aprobou a segregación de parte do termo municipal de Cervo, para a súa posterior constitución nun novo e independente municipio chamado Burela,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que, atendendo ós datos dos que dispón a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, as cargas que se deben repartir entre os concellos de Cervo e Burela son as seguintes:

1º Débeda bancaria.

Da certificación expedida polo Banco de Crédito Local resulta:

A. Que o importe total dos préstamos formalizados polo Concello de Cervo o 31 de decembro de 1994 se elevaba a setecentos setenta e cinco millóns trescentas trinta e seis mil setecentas noventa e sete pesetas (775.336.797 ptas.).

B. Que a débeda pendente de pago o 31 de decembro de 1994 se elevaba a setecentos dezaoito millóns oitocentas dezasete mil cincocentas cincuenta e sete pesetas (718.817.557 ptas.), distribuída como segue:

Principal pendente (non vencido): 694.589.829.

Amortizacións: 5.770.012.

Xuros e comisións: 18.442.934.

Xuros e comisións de demora: 14.782.

Total: 718.817.557.

C. Que desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de marzo de 1997 se devengaron cotas por un importe total igual a trescentos vinte millóns setenta e catro mil oitocentas trinta e catro pesetas (320.074.834 ptas.), dos que se efectuaron os seguintes pagamentos:

Concello Cervo: 166.451.574.

Subvencións Xunta de Galicia: 2.956.026.

D. Que a débeda total pendente de pagamento o 31 de marzo se elevaba a setecentos trinta e seis millóns novecentas setenta e cinco mil oitenta e nove pesetas (736.975.089 ptas.).

2º Gastos plurianuais.

Que se elevan a trescentos setenta e sete millóns cincocentas mil pesetas (377.500.000 ptas.) repartidos como segue:

Obra ou adquisiciónImporte

Construcción paseo marítimo35.000.000 de ptas.

Sargadelos40.000.000 de ptas.

Local Caixa Galicia27.000.000 de ptas.

Piscina municipal130.000.000 de ptas.

Convenio construcción vivendas145.500.000 ptas.

Artigo 2º

Que, de conformidade co que dispón o Decreto 368/1994, do 15 de decembro, se establece o reparto das cargas enumeradas no artigo primeiro entre ámbolos dous concellos interesados, sen prexuízo do que, no seu momento, poida dispoñer a comisión paritaria encargada de garanti-lo normal e axeitado desenvolvemento do proceso de transferencia.

Artigo 3º

Primeiro.-A débeda bancaria repártese atendendo ó número de habitantes de cada un dos concellos resultantes do proceso de segregación, de xeito que corresponderá:

A. Ó concello de Cervo unha cantidade igual a trescentos sesenta e oito millóns cincocentas noventa e oito mil setenta e nove pesetas (368.598.079 ptas.), do que habería que deduci-los cento sesenta e seis millóns catrocentas cincuenta e unha mil cincocentas cincuenta e catro pesetas (166.451.574 ptas.) aboadas antes do 31 de marzo de 1997, quedando unha débeda definitiva total igual a douscentos dous millóns cento corenta e seis mil cincocentas cinco pesetas (202.146.505 ptas.); e

B. Ó concello de Burela unha cantidade igual a cincocentos trinta e catro mil oitocentas vinteoito mil cincocentas oitenta e catro pesetas (534.828.584 ptas.).

ConcelloPoboaciónDébeda%

Cervo (antes da segregación)13.089 hab.736.975.089 ptas.100 %
Cervo (trala segregación)5.328 hab.202.146.505 ptas.40,8 %
Burela7.761 hab.534.828.584 ptas.59,2 %

Segundo.-O reparto dos investimentos de carácter plurianual farase atendendo ó termo municipal no que se vaia realiza-la obra ou investimento.

Obra ou adquisiciónConcelloImporte

Construcción paseo marítimoBurela35.000.000 de ptas.
Parque de SargadelosCervo40.000.000 de ptas.
Adquisición local Caixa GaliciaBurela27.000.000 de ptas.
Construcción piscina municipalCervo130.000.000 de ptas.
Convenio construcción vivendas sociaisCervo145.500.000 de ptas.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1997.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

5866