Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3/1996).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Ley 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Avda. Arteixo, 171-15008, (A Coruña), como entidade beneficiaria, de declaración de urxente ocupación para imposición de servidumes de paso de:

-Liña eléctrica aérea a 20 kV de 4.668 m de lonxitude, con orixe no C.T. de Cabanas e remate no C.T. de Franza, no termo municipal de Fene (expediente 3/1996).

A declaración de utilidade pública das referidas instalacións, que foi outorgada con data 25-11-1996. leva implícita en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación desta resolución que fará no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal La Voz de Galicia, e os interesados pro

postos como titulares dos predios afectados contidos na relación anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo, ós que se lles practicará notificación individual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formular alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto; a tal efecto estará exposta nesta delegación, Sección de Expropiacións, no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, en horas de oficina a solicitude e planos de situación e perfil das instalacións.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal, as diligencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Infórmase os propietarios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa na mesma ou por escrito que se reciba nesta delegación, os datos para identificación dos bens que se afectan; e que se outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

A Coruña, 15 de xullo de 1997.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 3/1996Provincia: A Coruña

Liña L.M.T. Cabanas-FranzaTermo municipal: Fene

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

17BarracidoMonte baixoHros. Antonio RíosSaavedra Meneses, 27, 15624-Ares880

33O EstancadoMonte altoJosé Vizoso VilasPorto Burela, taller mecánico, 27880-Burela27114224

43Río SandreuLabradíoMaría Golpe CastroAvd. Naturales, 12/4º, 15500-Fene64640

54O EstancadoMonte altoJuan Marta del RíoPardiñas, 1-9º, 15401-Ferrol30480

5832