Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense), declarada de utilidade pública e interese social a urxente execución da zona polo Decreto da Xunta de Galicia nº 165/1994, do 2 de xuño (Diario Oficial de Galicia nº 115, do 16 de xuño de 1994), que a xunta local da zona, na súa reunión de 9 do xullo de 1997, decidiu aproba-las bases definitivas da zona, correspondente ás terras das parroquias de Acevedo e Milmanda (Celanova-Ourense), que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Celanova e nos lugares de costume das parroquias durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal de maior circulación desta, de conformidade co establecido no art. 36 da Lei 10/1985 do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Os documentos que se poden examinar nos locais sinalados refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e excluídas e relación destas), á clasificación das terras e fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases poden os interesados interpoñe-lo recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro do prazo de trinta días sinalados, neste Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (rúa Florentino Cuevillas, 4-6, baixo, Ourense), ou nas oficinas centrais da consellería (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para este efecto, deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación un domicilio dentro do termo municipal de que se trate e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

Ourense, 9 de xullo de 1997.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras

e Desenvolvemento Rural de Ourense

6265