Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Vilachán nos concellos de Oia e Tomiño, por parte de Hardrock Resources Limited.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Hardrock Resources Limited, con domicilio en 8 Mount Pleasant, Douglas, Isle of Man, Reino Unido, presentou nesta delegación provincial, o día 12 de maio de 1997, instancia-solicitude do permiso de investigación Vilachán de 68 cuadrículas mineiras para recursos de ouro e tódolos da sección C), que se sitúa nos termos municipais de Tomiño e Oia, desta provincia e ó que lle correspondeu o nº 2767 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 18º 49' 00''42º 05' 00''

Vértice 28º 47' 00''42º 05' 00''

Vértice 38º 47' 00''42º 02' 40''

Vértice 48º 46' 20''42º 02' 40''

Vértice 58º 46' 20''42º 01' 20''

Vértice 68º 48' 40''42º 01' 20''

Vértice 78º 48' 40''42º 03' 20''

Vértice 88º 49' 00''42º 03' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, perante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 10 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5861