Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalacion eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/69-2-4752 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación que se cita.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Enderezo social: calle Ciudad de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T., Subt. entre C.T. Montemar e C.T. Rego-2 en Covas.

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con conductor D.H.V. 15/25 kV de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 490 metros, entre C.T. Montemar e C.T. Rego-2, para mellora do servicio eléctrico en Covas, concello de Viveiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 8 de xullo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5862