Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/255-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Cabana-Ponte da Pedra.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 120 m de lonxitude, que parte da L.M.T. denominada a C.T. Mafre e final no C.T. que se vai construír, denominado Ponte da Pedra-Cabana.

C.T. de 630 kVA, tipo interior. Municipio de Cabana, A Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polo ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 30 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5857