Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/100-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º Ofic. 2, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Budiño-Palomar.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., con apoio de formigón, desde o apoio 5 da L.M.T. xeral Budiño-Salceda ata o C.T. que se proxecta en Palomar, concello do Porriño. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15/20 kV-230/398 V. R.B.T. aérea, de 220 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5787