Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/98-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º Ofic. 2, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. xeral Salceda-Salvaterra.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 433 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde o apoio número 4 existente da L.M.T. xeral Salceda-Salvaterra ata o apoio 9 substituíndo os apoios 5, 6, 7, 8 e 9 por apoios metálicos, en Gándara, concello de Salceda de Caselas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5197