Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/97-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º Ofic. 2, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. xeral Salvaterra-Ponteareas.

Situación: Salvaterra.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 309 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio número 6 existente da L.M.T. xeral Salvaterra-Ponteareas, ata o apoio número 9 que se vai substituír, na Avda. de Ponteareas, concello de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5196