Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/33-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: reforma L.M.T, Vilasobroso-A Lagoa.

Situación: concello de Mondariz.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 2.420 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre torretas metálicas, desde o C.T. de Vilasobroso ata a derivación da liña a Escobeiro, na Lagoa, concello de Mondariz.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e exporpiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 10 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5834