Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.721

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 211/1997, do 30 de xullo, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de alargamento e mellora do trazado da estrada OU-204, O Carballiño-Cea, treito III Cea-Fondo de Cea, p.k. 7+260 ó 9+700 (clave N/OU/87.1.3).

Con data do 28 de xullo do 1997 o director xeral de Obras Públicas e Transportes, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto da obra de alargamento e mellora do trazado da estrada OUR-204, O Carballiño-Cea, treito III Cea-Fondo de Cea, p.k. 7+260 ó 9+700, clave N/OU/87.1.3.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e vivenda, considerándose xustificada na referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios

e que se concretan no expediente administrativo instruído para efectos de expropiación no proxecto da obra de alargamento e mellora do trazado da estrada OUR-204, O Carballiño-Cea, treito III Cea-Fondo de Cea, p.k. 7+260 ó 9+700, clave N/OU/87.1.3.

Santiago de Compostela, trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6106