Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.720

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 210/1997, do 30 de xullo, polo que se desafecta do dominio público o inmoble coñecido como complexo de turismo náutico/club fluvial de Castrelo de Miño, termo municipal de Castrelo de Miño (Ourense).

O Concello de Castrelo de Miño, mediante acordo do Pleno con data do 30 de maio de 1996, solicitou da Consellería de Economía e Facenda a cesión do uso das instalacións do complexo de turismo náutico

sito no seu termo municipal, co fin de dedicalas a actividades náutico-turísticas.

A Secretaría Xeral para o Turismo informou favorablemente sobre a cesión de uso solicitada, o que implica, á vista do disposto no artigo 24 de Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, a conformidade coa desafectación do dominio público do devandito inmoble.

O artigo 10.1º da Lei 3/85, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia sinala que, cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza de dominio público e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título.

O apartado segundo do antedito artigo establece que a desafectación dos bens de dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia deberá facerse mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, logo de instrucción do expediente pola Consellería de Economía e Facenda, por instancia da consellería interesada, e sempre que se acredite a desaparición das causas xustificativas da afectación.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctase do dominio público o inmoble que se describe a continuación:

Parcela de terreo denominada Regocha ou O Fontenlo, sita no termo municipal de Castrelo de Miño (Ourense), dunha extensión superficial de trinta e dous mil trescentos metros cadrados, que linda ó norte, co encoro de Castrelo; ó sur, terreos do Concello, de Carlos Alonso Montero, José Álvarez Castiñeiras, Antonio Rodríguez Villar, María Esther Viso González, Francisco Guitián González, Camilo Fernández Lafuente, Alfonso Bande González, Fernando Pérez Viso, Manuel Rodríguez Rodríguez, Carlos Alonso Montero, José González Bangueses, Florencio Regueiro Rey, Tomás Sobrino Trabazos e José González Bangueses; ó leste, camiño e ó oeste, terreos municipais e Fenosa. Sobre a dita parcela construíuse un edificio de planta baixa e primeira planta, coas características constructivas reflectidas no proxecto de obra e que linda por tódolos seus ventos coa parcela antes descrita. A planta baixa ten unha superficie construída de 730,02 m unha superficie útil de 441,07 m e alberga as seguintes

dependencias: almacén, cociña, restaurante, cafetería, cuarto de instalacións, sala de xogos, caixa de urxencias e sala de estar. Na planta primeira, cunha superficie de 642,35 m e útil de 563,24 m encóntrase unha sala de estar, unha zona de comunicación e unha terraza cuberta.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadavia no tomo 471, libro 77 de Castrelo de Miño, folio 43, predio número 10104, inscrición 2ª.

Artigo 2º

O ben inmoble antes descrito adquire natureza patrimonial, sen prexuízo do cumprimento da recepción formal por parte da Consellería de Economía e Facenda do ben desafectado de conformidade co disposto no artigo 27 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Santiago de Compostela, trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

6114