A través do Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación (BOE nº 182, do 31 de xullo), foi transferido o inmoble denominado Instituto de Bacharelato Mixto, sito na rúa Xunqueira, 2, termo municipal de Redondela (Pontevedra).
Mediante o Decreto 114/1982, do 1 de setembro, sobre asunción e asignación de competencias (DOG nº 20, do 15 de outubro de 1982), adscríbese á Consellería de Educuación o dito inmoble. Na actualidade, despois dos distintos cambios na estructura orgánica da Xunta de Galicia, atópase adscrito á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Posto de manifesto pola antedita consellería de que o inmoble non resulta necesario na actualidade para o exercicio das súas competencias e constando a petición subscrita pola Consellería de Cultura e Comunicación Social na que solicita a súa adscrición para situación dun edificio multiusos para fins culturais, procede, de conformidade co disposto no artigo 12 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega acorda-la mutación do destino do inmoble descrito no encabezamento.
En virtude do anteriormente exposto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Acorda-la mutación de destino do inmoble coñecido como Instituto de Bacharelato Mixto, sito na rúa Xunqueira, 2, termo municipal de Redondela (Pontevedra), co fin de destinalo a edificio multiusos para fins culturais pola Consellería de Cultura e Comunicación Social.
Artigo 2º
Adscribi-lo antedito inmoble á Consellería de Cultura e Comunicación Social, que terá as facultades de administración, xestión e conservación del.
Artigo 3º
A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para dar efectividade ó disposto no presente decreto.
Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda
6112