Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1997 pola que se anuncia a licitación da construcción dun paso superior para a supresión dun P.N. no p.k. 302/931 do FF.CC. Palencia-A Coruña, no concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense) polo procedemento aberto de concurso e obra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción dun paso superior para a supresión dun P.N. no p.k. 302/931 do FF.CC. Palencia-A Coruña, no concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

b) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso de obra.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 25.551.328 ptas.

5. Garantías.

Provisional: dispensada ós que acrediten a clasificación requirida. R.D. 1883/1979.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación, o estudio xeotécnico e o proxecto poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV; na Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981/54 45 94.

e) Telefax: 981/54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: a clasificación requirida será: grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría D; grupo B, subgrupo 1, 2, e 3, categoría D; grupo D, subgrupo 5, categoría D; grupo G, subgrupo 4 e 6, categoría D.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: r/ San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

b) Domicilio: c/ praza de Europa, 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1997.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG 14/12)

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

6135