Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, trámite de urxencia, da obra RC-OUR-97.22.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: RC-OUR-97.22.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: construcción de beirarrúas na C-536. Ourense.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 10.916.531 ptas.

5. Garantía provisional obrigatoria: 218.331 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) localidade e código postal: Ourense 32071.

d) Teléfono: (988) 38 62 36.

e) Telefax: (988) 38 62 40.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: medios de xustificación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica: deberán acreditarse por calquera dos medios indicados nos artigos 16 e 17, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará ás doce horas do décimo cuarto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o iniciado na cláusula 1.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Ourense.

2. Domicilio: Sáenz Díez, 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32071 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Ourense, 24 de xullo de 1997.

P.D. (Decreto 87/1990, 15-2)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

6134