1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: proxecto e construcción da estación de autobuses de terceiro nivel, en Cambados (Pontevedra).
b) Prazo de execución: 4 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso de proxecto e obra.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 40.000.000 de ptas.
5. Garantías.
Provisional: dispensada ós que acrediten a clasificación requirida. R.D. 1883/1979.
6. Obtención de documentación e información.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación, o esbozo do solar, o estudio xeotécnico e o prego de prescricións técnicas poderán recollerse en:
a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV; na Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.
b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
d) Teléfono: 981/54 45 94.
e) Telefax: 981/54 43 51.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: a clasificación requirida será: grupo C completo, categoría D.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Domicilio: r/ San Caetano, s/n.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15071.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.
b) Domicilio: c/ praza de Europa, 5-A (2º andar).
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións.
e) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1997.
P.D. (Orde 25-10-1983, DOG 14/12)
Emilio García Gallego
Director xeral de Obras Públicas e Transportes
5727