Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 05 de agosto de 1997 Páx. 7.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 26 de xuño de 1997, acordou tomar coñecemento do contido do documento de avance da revisión e adaptación do plan xeral municipal de ordenación e dispuxo a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

Durante o trámite de suxestións pódese consulta-lo expediente na Casa do Concello, en horario de oficina.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 2 de xullo de 1997.

O alcalde

Rubricado

5792