Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 05 de agosto de 1997 Páx. 7.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1997, da Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para a adquisición dunha mesa cirúrxica, lámpada e electrobisturí (C.P. 2/1997).

A dirección médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso e polo trámite de urxencia para a adquisición dunha mesa cirúrxica, lámpada e electrobisturí.

1. Obxecto e orzamento: a adquisición dunha mesa cirúrxica, lámpada e electrobisturí por un orzamento máximo de seis millóns duascentas cincuenta mil pesetas (6.250.000 ptas.).

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

3. Prazo de execución: trinta días a partir do asinamento.

4. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na secretaría da Dirección de Xestión do Hospital Comarcal, rúa Corredoira, s/n, 27400 Monforte de Lemos, teléfono (982) 41 79 18, fax (982) 40 40 06, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

5. Fianzas.

-A fianza provisional será de 125.000 ptas. constituída nalgunha das formas que establece o artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

-A fianza definitiva será de 250.000 ptas. constituída nalgunha das formas que establece o artigo 37 da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 19 da Lei de contratos das administracións públicas,

7. Criterios de adxudicación:

-Prezo: ata 6 puntos.

-Características técnicas: ata 6 puntos.

-Prazo de garantía: 3 puntos.

9. Clasificación: non se precisa.

10. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG ou enviadas por

correo. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982) 40 40 06 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

11. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas anexa á dirección médica do hospital ás 12.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores: deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.

Monforte de Lemos, 23 de xullo de 1997.

Eleuterio López Louzao

Director médico do Hospital Comarcal de Monforte

de Lemos

5801