Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 05 de agosto de 1997 Páx. 7.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 27 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de información pública sobre levantamento de actas previas.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalaciones eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 153/1997 (Diario Oficial de Galicia nº 123, do 27-6-1997) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no BOP de Lugo, do 12-9-1996, faise saber a tódolos afectados pola execución do proxecto que a seguir se indica: Reelectrificación de Morgade, Cabanas e Vilar, concello de Viveiro, propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., que polo representante da Administración dará comezo sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 12-9-1996, e expostas nos taboleiros oficiais das casas do concello e no desta delegación provincial, sita en Lugo, rúa

Pascual Veiga, 12-14.

Son advertidos os interesados afectados, que serán ademais notificados individualmente, sinalándolles días e hora para o levantamento das actas, de que poderán formular alegacións por escrito ante esta delegación ata o momento de levantar estes, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 27 de xuño de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6084