Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 05 de agosto de 1997 Páx. 7.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/68-2-4751 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, cométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Denominación: ampliación da subestación eléctrica 132/20 kV en Meira-7º fase.

Situación: Meira-Pastoriza.

Descricións técnicas: ampliación parque de transformación da subestación eléctrica 130/20 kV de Meira (Pastoriza), 7º fase. Instalación de intemperie, que constará do módulo de liña actual e tres módulos máis. 1º módulo transformación 12 M.V.A. (existente). 2º módulo transformación 30 M.V.A. 3º módulo de L.A.T. ó Ceao-lugo, para mellora do servicio eléctrico da zona.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectdas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 1 de xullo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5733