Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 05 de agosto de 1997 Páx. 7.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/148-2-4630 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. subt. e C.T. edificio Promocións Lúa, rúa Chantada.

Situación: Lugo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con conductor DHZ1-12/20 kV de 1x150 mm AL, cunha lonxitude de 570 metros. Centro de transformación de 400 kVA. 20.000/380-220 V±2,5%±5% V, para dar subministración eléctrica ó edificio Promocións Lúa, rúa Chantada, en Lugo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 30 de xuño de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5730