Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 05 de agosto de 1997 Páx. 7.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1997 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á pista de atletismo, 2ª fase, nas Pedreiras, no Campus Universitario de Lugo e cinco máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Pista de atletismo, 2ª fase, nas Pedreiras, no Campus Universitario de Lugo (bancadas, vestiarios e iluminación).

a) Prazo de execución: quince (15) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a cento cincuenta e cinco millóns novecentas cincuenta e seis mil duascentas tres pesetas (155.956.203 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

O presente contrato constitúe execución do convenio de cooperación subscrito entre a Xunta de Galicia (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral para o Deporte), a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Lugo).

3. Obxecto do contrato.

Construcción dun pavillón polideportivo no concello de Coles (Ourense).

a) Prazo de execución: catorce (14) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a sesenta e sete millóns trescentas cincuenta e catro mil cento trinta e catro pesetas (67.354.134 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: grupo C, subgrupo, todos; categoría c.

4. Obxecto do contrato.

Construcción dun pavillón polideportivo no concello de Valdoviño (A Coruña).

a) Prazo de execución: catorce (14) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a oitenta e catro millóns catrocentas cincuenta e nove mil oitocentas oitenta e cinco pesetas (84.459.885 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

5. Obxecto do contrato.

Centro de actividades deportivas no concello de Oleiros (A Coruña).

a) Prazo de execución: doce (12) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a noventa e nove millóns setecentas noventa e catro mil oitocentas nove pesetas (99.794.809 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

6. Obxecto do contrato.

Construcción dun pavillón polideportivo no concello de Oza dos Ríos (A Coruña).

a) Prazo de execución: doce (12) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a setenta e un millóns trescentas trinta e sete mil catrocentas vintecinco pesetas (71.337.425 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

7. Obxecto do contrato.

Instalacións deportivas, 1ª fase, en Codeso, no concello de Boqueixón (A Coruña).

a) Prazo de execución: cinco (5) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a corenta e catro millóns setecentas noventa e cinco mil cincocentas vinte pesetas (44.795.520 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial, grupo C, subgrupo todos, categoría d.

8. Garantía provisional.

Prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación.

Os licitadores que acrediten a clasificación empresarial requirida quedan eximidos de presta-la garantía provisional (art. 36.2 da Lei de contratos das administracións públicas).

9. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono 54 26 26. Fax: 54 26 39).

Fotocopias dos proxectos técnicos e do prego de cláusulas administrativas poderá ser solicitado directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2, de Santiago de Compostela. Teléfono 59 03 02.

10. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lazaro. 15890, Santiago de Compostela. Fax (981) 54 26 39), ou no Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

11. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890. Santiago de Compostela).

12. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

5729