Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 05 de agosto de 1997 Páx. 7.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1997, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se anuncia a contratación da subministración que ten por obxecto a adquisición dunha fotocopiadora para a Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, polo trámite de urxencia.

Obxecto do contrato: contratación da subministración que ten por obxecto a adquisición dunha fotocopiadora para a Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: quince días contados desde o asinamento do contrato.

Orzamento: 3.440.000 pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse e retirarse,

durante o prazo de presentación de proposicións nos días hábiles e horas de oficina, na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública sita na segunda planta do edificio central de San Caetano en Santiago de Compostela.

Garantía provisional: 68.800 pesetas.

Garantía definitiva: 137.600 pesetas.

Clasificación: non se esixe.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo anexo II que se xunta ó prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e lacrados na forma indicada no prego tipo de cláusulas administrativas particulares. Deberán presentarse no rexistro xeral da Xunta de Galicia sito na planta baixa do edificio central de San Caetano en Santiago de Compostela ata as 14 horas do día 22 de agosto de 1997.

No exterior do sobre expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso público aberto convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación da subministración que ten por obxecto a adquisición dunha fotocopiadora para a Inspección Xeral de Servicios que presenta D./Dna..., en nome... (propio ou da entidade que representa)».

Apertura de proposicións: terá lugar ás 10 horas do día 3 de setembro de 1997, en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública sita no semisoto do edificio central de San Caetano en Santiago de Compostela.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, importe que deberá aboar con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1997.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servicios

6102