Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 05 de agosto de 1997 Páx. 7.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 120/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 3 de xullo de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases de compensación da zona 4 do SU-17 de

Ourense, por instancia de Ricardo Carreiro Ameijeiras.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de xullo de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

5789