Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para o plan de necesidades 1997, material de enfermería e hospitalización. (CP 133/1997).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites admi

nistrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: material de enfermería e hospitalización.

Orzamento: 15.818.000 ptas.

Garantía provisional: 316.360 ptas.

-Lote 1: electrocardiógrafo 12 C, fonte de luz fría e aspiradores intermitentes.

Orzamento: 1.950.000 ptas.

Garantía provisional: 39.000 ptas.

-Lote 2: contedor para motor osteón, caixa instrumental p/amígdalas, estiletes 14 cm, minicontainer, mosquitos curvos s/d 12 cm, mosquitos rectos s/d 12 cm, pinzas de disección, sondas acanaladas, tesouras de mayo, etc.

Orzamento: 1.277.600 ptas.

Garantía provisional: 25.552 ptas.

-Lote 3: biombo de 3 corpos, carpeta metálica p/carro portahistorias, carro autoclave, carro p/electrocardiógrafo, carro portahistorias, cadeiras de rodas, mesas de mayo, espellos de parede, lavacabezas, etc.

Orzamento: 2.835.000 ptas.

Garantía provisional: 56.700 ptas.

-Lote 4: angarellas transporte de urxencias, colchóns antiescaras.

Orzamento: 1.825.000 ptas.

Garantía provisional: 36.500 ptas.

-Lote 5: neveiras frigoríficos con conxelador, secador de pelo, ventilador.

Orzamento: 174.400 ptas.

Garantía provisional: 3.488 ptas.

-Lote 6: fonendoscopios, guindastres mobilización de pacientes, pesa bebés electrónica, pés de gota, protectores gonadais, tiroides, etc.

Orzamento: 2.656.000 ptas.

Garantía provisional: 53.120 ptas.

-Lote 7: reguladores de baleiro, rotámetros, etc.

Orzamento: 810.000 ptas.

Garantía provisional: 16.200 ptas.

-Lote 8: lavadora de instrumental cirúrxico.

Orzamento: 1.400.000 ptas.

Garantía provisional: 28.000 ptas.

-Lote 9: camas de reanimación UCSI, berces curral, laterales p/camas de 1,60, etc.

Orzamento: 2.890.000 ptas.

Garantía provisional: 57.800 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: a entrega completa do equipo deberá realizarse no prazo de 30 días, desde a notificación da adxudicación o contratista.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Prezo ofertado: 50%.

2. Prestacións e calidade: 35%.

3. Vida útil, servicio técnico e mantemento: 15%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 22 de xullo de 1997.

Teresa Araguas Álvarez

Directora xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza

da Coruña

6051