O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: equipamento de neonatoloxía, pneumoloxía e oftalmoloxía.
Orzamento: 3.550.000 ptas.
Garantía provisional: 71.000 ptas.
-Lote 1: monitor de neonatoloxía.
Orzamento: 2000.000 de ptas.
Garantía provisional: 40.000 ptas.
-Lote 2: espirómetro.
Orzamento: 500.000 ptas.
Garantía provisional: 10.000 ptas.
-Lote 3: autorefractómetro e test Farnsworth.
Orzamento: 1.050.000 ptas.
Garantía provisional: 21.000 ptas.
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
Prazo de entrega: a entrega completa do equipo deberá realizarse no prazo de 30 días, desde a notificación da adxudicación o contratista.
Admisión de variantes: non se admiten.
Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
1. Prezo ofertado: 50%.
2. Prestacións e calidade: 35%.
3. Vida útil, servicio técnico e mantemento: 15%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 22 de xullo de 1997.
Teresa Araguas Álvarez
Directora xerente en funcións do Complexo
Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza
da Coruña
6050