Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de subministracións correspondente ó concurso público CP 6/1997 que ten por obxecto a adquisición de marcapasos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, acorda darlle publicidade á adxudicación do concurso de subministracións que se cita.

1.-Entidade adxudicadora.

a) Organismo : Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor; rúa Ramón Puga, 52; 32005 Ourense.

c) Número de expediente: 6/1997.

2.-Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de marcapasos para implantar en pacientes.

c) Lotes:

Lote 1: 35 marcapasos VVI, multiprogramables.

Lote 2: 15 marcapasos VVIR.

Lote 3: 15 marcapasos DDD, multiprogramables.

Lote 4: 20 marcapasos DDDR.

d) Anuncio de licitación publicado en: DOG nº 63, do 3-4-1997; BOE nº 70, do 22-3-1997.

3.-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4.-Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 47.337.100, IVE incluído.

5.-Adxudicación.

a) Data: 20 de xuño de 1997.

b) Contratista:

Lote nº 1: Medtronic Ibérica, S.A.

Importe adxudicado: 10.325.000 ptas., IVE incluído.

Lotes nº 2,3 e 4: CEM Biotronik, S.A.

Importe adxudicado: 25.075.000 ptas., IVE incluído.

c) Nacionalidade: española.

Ourense, 30 de xuño de 1997.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

6049