Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público H3/1997, que ten por obxecto a adquisición de productos lácteos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, Ferrol.

c) Número de expediente: CP H3/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de productos lácteos.

c) Lotes:

Lote 1: leite b.

Lote 2: manteiga p.

Lote 3: queixo barra.

Lote 4: queixo fresco.

Lote 5: iogur desnatado.

Lote 6: iogur natural.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 67, do 9 de abril de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación (mínimo): 3.540.715 pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 3 de xuño de 1997.

b) Contratistas:

Lote 1: Granja Romero, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe mínimo: 1.649.700 pesetas.

Lote 2: Corporación Alimentaria Peñasante, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe mínimo: 224.542 pesetas.

Lotes 3 e 4: Grupo Gaper II, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe mínimo: 331.200 pesetas.

Lotes 5 e 6: Danone, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe mínimo: 1.220.083 pesetas.

c) Importe total adxudicado (mínimo): 3.425.525 pesetas.

Ferrol, 30 de xuño de 1997.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol

5714