Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público H1/1997, que ten por obxecto a adquisición de carnes e embutidos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas con

forme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, Ferrol.

c) Número de expediente: CP H1/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de carnes e embutidos.

c) Lotes:

Lote 1: carne 1ª.

Lote 2: carne 2ª

Lote 3: costeleta tenreira.

Lote 4: xamón de York.

Lote 5: lombo porco.

Lote 6: polo (zancas).

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 67, do 9 de abril de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación (mínimo): 4.017.525 pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 3 de xuño de 1997.

b) Contratistas:

Lotes 1, 2, 3 e 5: Distribuciones Cárnicas Sanesteban, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe mínimo: 2.350.950 pesetas.

Lote 4: Campofrío Alimentación, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe mínimo: 435.825 pesetas.

c) Importe total adxudicado (mínimo): 2.786.775 pesetas.

Ferrol, 30 de xuño de 1997.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol

5608