Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para o plan de necesidades 1997, equipamento de laboratorio, raios X e urxencias. (CP 131/1997).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites admi

nistrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: equipamento de laboratorio, raios X e urxencias.

Orzamento: 16.770.000 ptas.

Garantía provisional: 335.400 ptas.

-Lote 1: conxelador p/banco de sangue.

Orzamento: 1.300.000 ptas.

Garantía provisional: 26.000 ptas.

-Lote 2: conxelador p/inmunoloxía.

Orzamento: 1.100.000 ptas.

Garantía provisional: 22.000 ptas.

-Lote 3: ecógrafo radiodiagnóstico.

Orzamento: 12.500.000 ptas.

Garantía provisional: 250.000 ptas.

-Lote 4: desfibrilador con marcapasos.

Orzamento: 1.500.000 ptas.

Garantía provisional: 30.000 ptas.

-Lote 5: respirador volumétrico pneumático.

Orzamento: 370.000 ptas.

Garantía provisional: 7.400 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: a entrega completa do equipo deberá realizarse no prazo de 30 días, desde a notificación da adxudicación o contratista.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Prezo ofertado: 50%.

2. Prestacións e calidade: 35%.

3. Vida útil, servicio técnico e mantemento: 15%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito

día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 22 de xullo de 1997.

Teresa Araguas Álvarez

Directora xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza

da Coruña

6052