Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Blanco nº 10.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal H, cuadrícula nº 27.
Data da concesión: 4-6-1980.
Data do remate da última prórroga: 31-7-2000.
Anterior concesionario: María Abeijón Tarrío e Fernando Outeiral Fernández.
Novo titular da concesión: Sofía Mª Outeiral Abeijón e Manuel Batalla Leite.
O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
A Coruña, 27 de xuño de 1997.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Jesús Espada Martínez
Delegado territorial da Coruña
6035