Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 27 de xuño de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio da batea de cultivo de mexillón denominada Chouza número 8, a favor de José Ríos Vázquez e Felisa Tubío Saavedra.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de

transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Chouza nº 8.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal C, cuadrícula nº 68.

Data da concesión: 5-11-1976.

Data do remate da última prórroga: 3-12-2006.

Anterior concesionario: Elena Vázquez Oliveira e José Ríos Viturro.

Novo titular da concesión: José Ríos Vázquez e felisa Tubío Saavedra.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 27 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

5750